Vai de praia no verán no Concello de O Pino

Zona: 

Chega o verán e, no concello de O Pino, o bo tempo e sinónimo do programa ‘Vai de praia’. Un ano máis, o concello pon en marcha esta iniciativa con viaxes en bus a diferentes areais galegos. Nesta ocasión, organizaránse todos os martes e sábados do mes de xullo e serán catro os destinos costeiros: a praia de Boiro, Montalvo (Sanxenxo), San Francisco (Muros) e a de Miño.

Para que os participantes no “Vai de praia” poidan gozar do día, o autobús sairá ás 10.00, percorrendo as diferentes parroquias segundo as persoas que se inscriban e voltará ás 20.00 horas. As xornadas do mes de xullo son as seguintes:

  • Días 2, 30 e 30: praia de Boiro

  • Días 6 e 16: praia de Montalvo (Sanxenxo)

  • Días 9 e 27: praia de San Francisco (Muros)

  • Días 13 e 23: praia de Miño

As prazas son limitadas, por iso é necesario inscribirse polo menos catro días antes de cada viaxe. En canto aos prezos e criterios de elección das actividades, os empadroados terán preferencia en ambos sensos, custándolle cada día 10€, aínda que se compran un bono de catro ou máis viaxes cada unha custaralle 8€. Para os non empadroados no Pino, o prezo normal é de 12€, mentres que os bonos para máis de catro viaxes será de 10€ por día.

As inscricións ou a consulta de máis información pódese realizar tanto presencialmente na biblioteca municipal ou na Casa da Cultura, como por teléfono no número 981 511 065.