Rede museística ofrece campamentos e actividades gratuitas a nenas e nenos da provincia

Zona: 

Aberto o prazo para inscribirse nas actividades de verán que organiza a Deputación na Rede Museística Provincial. Trátase de actividades dirixidas a máis de 180 rapaces de entre 4 e 12 anos, alónganse desde o 1 de xullo ata o 30 de agosto. As actividades son totalmente de balde, o prazo para anotarse remata o día 26 de xuño no Museo Provincial e o día 27 no Museos do Mar, no Museo Fortaleza San Paio de Narla e no Museo Pazo de Tor. Para formalizar a inscrición é necesario presentar un formulario específico dispoñible nos Departamentos de Didáctica de cada sede museística.

 

Neste verán, a programación da Rede Museística cambia o formato da oferta, pero non a filosofía que move as actividades: os rapaces vivirán unha experiencia lúdica na que coñecerán e crearán a partir das ciencias, as artes ou a arqueolóxica, tendo en conta sempre a igualdade, a interdisciplinariedade e a sostibilidade. A programación, estará impartida por profesionais da Rede e nun espazo con importante valor histórico.

 

Club Sénior e Actividades con colectivos

Todas as sedes da Rede Museística da Deputación contarán tamén co obradoiro Álbum de Memoria no que os maiores traballarán as súas lembranzas a partir dunha selección de obxectos de cada Museo, usando a psicoestimulación cognitiva e a técnica da reminiscencia, tratando de establecer pontes entre o pasado e o presente.

 

Ademais, durante todo o verán, nas catro sedes realizaranse actividades con diferentes colectivos, entre as que destaca a colaboración Escénicas en Rede con varias asociacións ou a obra de teatro Vida Cómica, interpretada pola Compañía de Teatro IMPROvabilidades composta por persoas usuarias do centro COGAMI-Lugo.

 

Programación

Museo Provincial do Mar:

Campamento: (20 prazas en cada quenda)

  • 1ª quenda: do 2 ao 5 de xullo, e do 30 de xullo ao 2 de agosto.

  • 2ª quenda: do 19 ao 23 de agosto.

Álbum de Memoria:

  • Datas: 9, 16 e 23 de xullo. De 17:00 a 19:00 horas.

Escénicas en Rede: En colaboración con varios colectivos.

  • Data: 4 de xullo. De 11:00 a 14:00 horas.

Museo Fortaleza San Paio de Narla:

Campamento: (20 prazas en cada quenda)

  • 1ª quenda: do 9 ao 13 de xullo.

  • 2ª quenda: do 20 ao 24 de agosto.

Álbum de Memoria:

  • Data: 6 de agosto. De 17:00 a 19:00 horas.

Escénicas en Rede: En colaboración con varios colectivos.

  • Data: 8 de agosto. De 12:00 a 14:00 horas.

Museo Pazo de Tor:

Campamento: (12 prazas en cada quenda)

  • 1ª quenda: do 9 ao 12 de xullo.

  • 2ª quenda: do 27 ao 30 de agosto.

Álbum de Memoria:

  • Data: 13 de agosto. De 11:00 a 13:00 horas.

Escénicas en Rede: En colaboración con varios colectivos.

  • Data: 7 de agosto. De 11:00 a 13:00 horas

Todos os camiños levan a Tor:

  • Actividade para membros do Club Ei! e mozos interesados en coñecer os os fondos do Museo Pazo de Tor, e apoiar eclaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.

Museo Provincial de Lugo:

Campamento: (20 prazas en cada quenda)

  • 1ª quenda: do 1 ao 5 de xullo.

  • 2ª quenda: do 8 ao 12 de xullo.

  • 3ª quenda: do 19 ao 23 de agosto.

  • 4ª quenda: do 26 ao 30 de agosto.

Álbum de Memoria:

  • Data: 8 e 9 de xullo. De 18:00 a 20:00 horas.