“Fronte a unha oposición mediocre, nós achegamos 129 millóns aos lucenses”

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, conta a Crónicas da Comarca a súa maneira de entender a política. O socialista defende a uti lidade da insti tución que preside como unha ferramenta para facer chegar fondos públicos a todos os recunchos da provincia. O emprego e a consecución dunhas vías de comunicación competi ti vas forman parte da súa folla de ruta sen esquecer a atención á terceira idade coa apertura das residencias públicas máis accesibles para todos veciños e veciñas lucenses.

- O Partido Popular propuxo no Pleno a súa reprobación, aprobada cos únicos votos dese grupo político, que valoración fai o Presidente da Deputación desa iniciativa?
- A reprobación é a dinámica na que a oposición do Partido Popular está instalada na Deputación de Lugo. Se a labor dos grupos da oposición é o control e fiscalización do goberno, na Deputación esta parte obviase e téñena convertido nunha crítica permanente. Así, mentres uns temos a responsabilidade de sacar adiante proxectos para todos os veciños da nosa provincia, outros acomodáronse no reproche constante. Pero máis aló do Pleno, máis aló da Corporación, das Cámaras, das plumas e das rotativas ou de nós mesmos; están os veciños e veciñas, os que necesitan que se impulsen plans que lles ofreza nunha oportunidade, unha esperanza para poder vivir con dignidade e tranquilidade. Ben é certo que as necesidades concretas que hoxe ten a sociedade non son exactamente as mesmas, na súa expresión, aínda que non na súa raíz, incorporándose coma instrumentos de benestar e desenvolvemento novos recursos ou instrumentos que son demandados polo conxunto social.

- Que momento vive hoxe a política provincial?
- A política debería contar cos máis responsables para exercela. Hoxe a política ten necesidades distintas, nun escenario para moitos de indignidade da mesma, polo que debería, máis que nunca e dende sempre, contar cos máis responsables para exercela; debería estar arroupada de discursos certos e honestos, de relatos construtivos e descritivos da realidade, e non dos intereses electorais dunha organización política ou, o que resulta máis mezquino, dunha persoa. Certos comportamentos no seo da política teñen consentido que, o que para uns é unha inmoralidade, sexa normalidade para outros, poñendo enriba da mesa a relación deshonesta entre algúns políticos e a cidadanía. Circunscribir a política exclusivamente á consecución de maiorías conleva que a ideoloxía, os programas, a esencia da política... se desprace a un plano residual, cando debería ser, precisamente, o máis importante”. Os máis bisoños teñen convertido á política nunha cuestión aritmética, recreándose, permanentemente, no cálculo de posibilidades electorais, co lastre que tal actitude significa para comunidades, territorio... Pero a algúns só lles importa o inmediato, o visible, o curto, o propio, o presente...nada máis. Así, temos a mediocridade, a inquina e a malicia disfrazada de política. Calquera mezquindade se agocha na perversa máxima de que en política todo vale, sabendo o dano que esa farsa fai a política de verdade, tratando de convencernos de que a política é a que practican os caciques, chegando a acuñar a expresión “cacique bo”.

- Cal é a súa maneira de facer política a fronte da Deputación?
- Eu non vin á política a facer espectáculo nin ruído, vin a construír para todos os veciños e veciñas. Dende o día que son Presidente, só me propuxen sacar adiante iniciativas, programas, proxectos... que permitisen a esta provincia, cando menos, sobrevivir e, na medida do posible, irse recuperando da debilidade que lle ten provocado anos de desleixo, por non dicir desprezo, das políticas das dereita que dende a Xunta de Galicia e o Goberno Central sempre se basearon en investir onde se concentra a poboación por simples intereses electorais, e non onde os veciños e veciñas tamén o necesitan. Nunha conxuntura política complexa, que representaba unha verdadeira oportunidade para demostrar a cultura, madurez e responsabilidade de cada un de nós, atopeime cos maiores simplismos que teño visto en política, e non por elo decaín no ánimo de sacar proxectos adiante, nin deixei de ser proactivo. Tampouco deixei de tomar decisións cando debía tomalas, algunhas por certo pouco agradables, pero nas que tivo que pesar a responsabilidade e o rigor por riba da comodidade.

- Cal é o balance que se pode facer en inversión nestes últimos anos, no que levamos da súa Presidencia  da Deputación Provincial de Lugo?
- Ante unha Xunta de Galicia e un Executivo Central inexistentes en Lugo, este Goberno fixo que a Deputación sexa hoxe o motor económico e social da provincia, poñendo a disposición dos máis de 300.000 veciños dos 67 Concellos o que é seu: os fondos públicos desta Deputación, os que, precisamente, lles nega o Partido Popular dende as administracións autonómica e estatal. Durante os dous anos e medio que este Goberno leva á fronte da Deputación, levamos a cabo un silencioso, pero intensísimo traballo, que non poderíamos desenvolver sen a imprescindible colaboración dos traballadores desta institución, aos que vostedes, por certo, castigan ser razón. Xuntos acadamos un nivel medio de execución superior ao 80%, porcentaxe lonxe do 55% do Executivo Provincial do PP nos anos 2005 e 2006. En dous anos e medio, fomos capaces de inxectar no conxunto do territorio lugués un investimento de máis de 129 millóns de euros.

- No correspondente a obra pública, cantos cartos investiu a Deputación na provincia baixo o seu mandato?
- Destinamos 55 millóns á mellora infraestruturas nos 67 Concellos: dende estradas, traídas de auga, rúas, centros sociais, instalacións deportivas ou culturais.... Fixemos que a Deputación liderase a obra pública na provincia, mellorando os servizos públicos aos nosos veciños, mantendo postos de traballos e dinamizando a economía do rural.

 - En canto ao mantemento do Estado do Benestar, que servizos están a prestar aos veciños da provincia dende a Deputación e que investimento está a facer o seu Goberno?
- Achegamos máis de 31 millóns ao impulso do Estado do Benestar, xerando 1.500 novos postos de traballo, 10.000 prazas de Teleasistencia gratuíta e de Servizo a Domicilio a non dependentes, e colaborando co conxunto do tecido asociativo social da provincia no desenvolvemento de proxectos encamiñados a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños, de xeito especial, aos que máis o necesitan: maiores ou persoas con capacidade diferentes. Fixemos que a Deputación sexa a administración que máis inviste na provincia en políticas activas de xeración directa de emprego e de fomento do benestar.

- No apartado social e económico, que está a facer o Goberno que vostede preside na provincia?
- Somos a institución que dinamiza social e economicamente a provincia. Investimos 28,5 millóns ao fomento do turismo e da cultura, levando directamente aos 67 Concellos máis 1.700 iniciativas e colaborando con máis de 500 colectivos. Somos, por excelencia, a institución
que dinamiza social e economicamente a nosa provincia.  

- Cantos cartos destina a Deputación para o fomento do deporte?
- A de Lugo é a primeira Deputación en Galicia e a terceira en España que máis inviste en deportes. Destinamos máis de 15 millóns ao impulso do deportes, ofrecendo unhas 2.500 axudas a equipos profesionais e de deporte base en todas as modalidades ou promovendo a actividade deportiva de máis de 200 entidades lucenses. Fixemos que a Deputación de Lugo sexa a primeira en Galicia e a 3ª en España que máis inviste en deportes por habitante.