“A axenda do meu Goberno concéntrase en mellorar a vida das familias e as oportunidades de Ortigueira

Crónicas do Ortegal conversa co alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, cando queda pouco máis dun ano para as eleccións municipais. O alcalde considera que este mandato “non está exento de grandes dificultades”, en gran parte polas “débedas contraídas polo Goberno do Partido Popular ás que estamos facendo fronte”. Pese a iso, anuncia un investimento de máis de 5 millóns de euros nos próximos anos. O seu obxectivo: “mellorar a vida das familias e as oportunidades de Ortigueira”.
 
- Que balance fai do que vai de mandato?
- Francamente este mandato non esta exento de grandes dificultades de diversa orde, que estamos sendo capaces de resolver non sen esforzo. Por elo a miña primeira valoración é de satisfacción polo traballo realizado polos homes e mulleres, que coa súa dedicación permítennos atender  diariamente aos servicios que presta o Concello aos nosos veciños e  veciñas. Agradecemento, tamén ao  esforzo dos concelleiros e concelleira  que comparten comigo o Goberno e  a toda la corporación, por ter sido  capaces de chegar a acordos para levar a cabo proxectos, nuns  casos propostos polo Goberno e noutros acordados entre todos. Así ocorreu coa adhesión ao  Proxecto do Xeoparque do Ortegal, incorporándonos a un proxecto de desenvolvemento local do que non podiamos estar ausentes, ou nas actuacións de mellora do el CEIP José maría Lage por valor de 300.000€, procedentes do Plan de Obras e Servicios da Deputación de A Coruña e da  Consellería de Educación, que nunca antes se tiña  conseguido.
- Que plans ten pensado executar a medio e curto prazo?
- Sen perder de vista o horizonte do mandato actual, a axenda do meu goberno concéntrase en mellorar a vida das familias e as oportunidades de Ortigueira, sabendo ben que moitas son as necesidades e que haberá algunhas ás que non poidamos chegar. Por elo con responsabilidade estamos facendo fronte ás débedas contraídas polo goberno que nos precedeu, pero sen renunciar a facer investimentos no  concello. Así pretendemos  sanear a economía do concello, adiantándonos catro anos, ao previsto e saír  do  plan de axuste herdado, que supón unha lacra para Ortigueira. Noutra orde de cuestións estamos abordando unha remodelación  cualitativa e cuantitativa dos efectivos  municipais para mellorar a prestación dos servizos municipais, ademais de aumentar e mellorar os equipamentos dos servizos e instalacións municipais. Tamén queremos mellorar a atención, servizo e comunicación cos veciños e veciñas, poñendo en marcha a Oficina de atención cidadá, unha nova páxina web máis operativa e implantar novos canles de comunicación cidadá.
- Que obxectivos pretende cumprir antes de maio de 2019?
- Acometer todos os proxectos de inversión previstos: saneamento, mellora da rede viaria municipal, prazas e xardíns, rehabilitar bens patrimoniais e edificios públicos (biblioteca) que mobilizado case 5 millóns de euros en investimentos. Ampliar o número de efectivos do persoal municipal e mellorar a organización, coa finalidade de perfeccionar a xestión administrativa. Continuar as  iniciativas de formación e creación de emprego no noso concello, apoiar a implantación de empresas e poñer en marcha un bono á natalidade para axudar as familias.
- Cales son as accións que levará a cabo neste presente ano?
- Reducir substancialmente a deuda heredada del gobierno popular. Desenvolver o Plan provincial de cooperación de  obras Plan Único de Concellos “POS+ 2018”, de case dous millóns euros, dirixidos a mellorar o  alumeado público en 4 núcleos (Fontela de Ferreiros, O Fabeiro, Taipa e O Navallo) cunha  inversión de 141.629 €.. Acondicionar edificios públicos de uso social como a Residencia de anciáns  para mellorar a súa calidade de vida, investindo  84.159€. Manter e rexenerar a rede viaria en pistas que afectan a 10 parroquias, cunha inversión de 205.208€ Investir 535.538 € en mellorar a rede de saneamento en Cuiña e Peago. Destinar 477.851€ para cum
prir co  pago de gasto corrente e provedores. E amortizar 406.818€ da débeda con entidades financeiras.
- No que atinxe ao apartado social, que medidas levou a cabo o seu goberno ou cales pretende poñer en marcha?
- No Concello de Ortigueira estase prestando, con medios propios, o Servicio de Axuda a domicilio, o que supón un grande esforzo en materia económica e de xestión. Pero fomos capaces de ampliar o número de horas del Servicio de Axuda a domicilio, para atender as necesidades do día a día e responder as demandas das familias e das persoas con dificultades. Agora estamos tratando de dispoñer dunha educadora familiar  da que carecemos na actualidade. E como xa dixen queremos implantar medidas de apoio ás familias que teñan un novo fillo ou filla, contribuíndo co noso propio orzamento. 
- Como anda o apartado económico, melloraron os ratios de pago a proveedores? Como vai o endebedamento do concello?
- Estamos reducindo a débeda con entidades financeiras de xeito progresivo coa previsión de peche positivo do exercicio, o que permitirá reducir a débeda herdada. Melloramos as ratios do período medio de pago a provedores, de xeito que no cuarto trimestre do 2017 acadamos  unha media de 76,5 días, un 50% menos que no período anterior. Dicir que, no ano 2017, ao igual que ocorreu no ano 2016, cumprimos  coa regra de gasto da Lei de Estabilidade Orzamentaria e Sostenibilidade Financeira.
- Que opinión ten das inversións que realizan a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña no seu Concello?
- Dende o Concello sempre tivemos a iniciativa para buscar fondos de outras administracións para proxectos de inversión e de servizos, tanto da Xunta como  da Deputación de A Coruña. Debo dicir que solemos concorrer a todas as convocatorias, pero certamente a realidade é que o verdadeiro balón de osíxeno dos concellos da provincia de A Coruña está sendo a Deputación, non só pola maior contía de fondos, se non pola metodoloxía e transparencia na distribución  de fondos, que nos permite remite planificar  e afrontar s actuación con total claridade e certeza, sen depender de criterios arbitrarios como ocorreu noutras épocas.
- No apartado de Cultura e Deporte, en que están traballando?
- Neste mandato quixemos recuperar a Concellería de Deportes, para fomentar e darlle pulo ás actividades e as escolas deportivas, potenciar o tecido deportivo e universalizar  a práctica da actividade física como dereito cidadá, incorporando incluso as Asociacións de veciños no fomento da vida saudable. Así multiplicamos por catro o número de eventos deportivos propios, co trail Couzadoiro, o Minitrail e Andaina, na que están participando 400 persoas, ou a 1ª marcha BTT de montaña coa participación de 200 persoas. E tamén atraendo eventos dende as federacións, como o Campionato galego de Pesca Deportiva, a proba da Copa de Mundo do RAID de aventura, a Escola de vela  o fomento do Surf. Instauramos a Gala do Deporte co obxecto de recoñecer o  mérito e o esforzo das persoas, familias e entidades que  se teñen implicado nas distintas actividades, premiando así a súa labor, na primeira gala do deporte outorgamos 28 premios, reflexo da grande actividade desenvolvida . Agora pretendemos elaborar o Proxecto de área integral do deporte na Preguiza, onde se poida agrupar as actividades deportivas nun espazo conxunto e digno. 
- E no que atinxe ao eido cultural?
- No referido á cultura fixemos unha grande aposta por fomentar  o teatro, mais alá dos meses de verán, establecendo o Ciclo de Teatro que se desenvolve todo o ano no Teatro da Beneficencia. E por suposto este ano estamos concentrados en celebrar o corenta aniversario do Festival Celta, como se merece este evento.