O concello de Burela recibe as campeonas da copa da liga do SD Burela de fútbol 8

Zona: 

O Concello ofreceu esta tarde unha recepción ao equipo feminino de fútbol campo da SD Burela, que se proclamou campión da Copa de Liga Fútbol 8. O alcalde, Alfredo LLano, e o edil de Deportes, Ramiro Fernández Rey, felicitaron ao club, ao corpo técnico e ás xogadoras polos éxitos acadados.

O concelleiro burelés explicou que “fixemos unha recepción no salón de plenos do Concello de Burela, como vimos facendo con todos os equipos que colleitan éxitos nas súas respectivas competicións. Esta vez tocoulle á SD Burela feminino que ven de conquistar a Copa da súa competición”.

Ramiro Fernández dixo que “é un recoñecemento máis. Para nós é pracer ter este tipo de actos porque significa que o deporte de Burela vai moi ben e están triunfando nas súas respectivas categorías”.

O edil de Deportes en Burela salientou que “este ano foi histórico porque xurdiu o club feminino de fútbol, que era un obxectivo que nos tíñamos marcado e quero felicitar á directiva pola iniciativa de implantar un equipo feminino aquí en Burela, e sobre todo ás xogadoras e ao corpo técnico polo éxito acadado”.