Campeonato femenino de rugby 7 en Ribadeo

Zona: 

O Presidente da Deputación en funcións, Darío Campos Conde, xunto co Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, e membros da directiva da Federación de Rugby, presentaron, este martes, o Campionato de España de Seleccións Autonómicas femininas de Rugby 7, que se celebrará en Ribadeo o vindeiro sábado 29 de xuño. O executivo provincial colabora con esta cita deportiva achegando 5.000 euros para a promoción do deporte feminino na provincia.

 

Campos Conde destacou “a importancia de potenciar o deporte feminino neste momento clave para alcanzar a igualdade. O rugby é un deporte que non para de medrar en número de fichas e afección. Queremos convidar a todos os afeccionados a asistir e apoiar as nosas xogadoras, para que se sintan acompañadas e entre todos consigamos superar a invisibilización do deporte feminino”

 

O campionato enfrontará ás actuais campioas, a selección galega, contra as seleccións das Federacións de Andalucía, Baleares, Castela e León, Cataluña, Madrid, Murcia, Navarra, País Vasco, Asturias, Cantabria e Valencia.