As Pontes de Garcia Rodriguez

Valentín elexido novamente presidente da Deputación da Coruña

Valentín González Formoso foi hoxe reelexido presidente da Deputación da Coruña cos 17 votos que suman os grupos provinciais do PSdeG-PSOE (11 deputados/as), BNG (4), Marea Atlántica (1) e Alternativa dos Veciños (1), fronte aos 14 obtidos pola candidata do Partido Popular, Rosa Gallego Neira, no pleno extraordinario de constitución da nova corporación.