Arzua

Arzúa celebra o día das diversidades sexuais

Catro excursións nunha nova edición do programa Coñece o teu país que mantén un ano máis o concello de Arzúa

O Departamento de Cultura informa que o Concello de Arzúa mantén o programa de excursións Coñece o teu país para este verán. A boa acollida que tiveron as viaxes programadas dende a Concellaría nas pasadas edicións animou aos responsables a darlle continuidade con novas visitas a diferentes lugares da xeografía galega ao longo dos meses estivais, de xuño a setembro.

Artigo de opinión sobre o pacto de goberno en Arzúa, de militantes do PsdG-Psoe Arzúa

Opinión de militantes do PsdG - Psoe de Arzúa

Comezan as obras de apertura da rede de camiño da parcelaria de Fisteus

Xa deron comezo as obras de execución da rede de camiño da concentración parcelaria da parroquia de Fisteus en Curtis. Trátase da maior extensión de parcelaria das levadas a cabo pola Xunta de Galicia ata o momento xa que comprende máis de 55 quilómetros de camiños dos que 2,3 serán asfaltados.

ABANCA mellora o acceso ao crédito aos empresarios arzuáns

ABANCA e a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa veñen de asinar un convenio financeiro co obxectivo de impulsar, fundamentalmente a través do crédito, o investimento e a mellora competitiva das empresas adheridas a esta organización na comarca. O presidente da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa, José Alfonso Gómez, e o director de zona de ABANCA en Ordes/Arzúa, Alberto Varela, rubricaron un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial coruñés.