A Xunta adxudica as obras de mellora na EDAR do Concello de Melide

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia vén de adxudicar obras de mellora na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDARs) do Concello de Melide, cun investimento autonómico de preto de 45.000 euros.

As actuacións de Augas de Galicia dispoñen dun prazo de execución de 3 meses e foron adxudicada á empresa S.A. de Obras y Servicios Copasa.

Os traballos na estación depuradora de Melide consisten na execución dun novo bypass no desearador-desengraxador e a instalación dun novo sistema de control da calidade do vertido da EDAR.

Esta intervención enmarcase na cooperación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade cos Concellos para que a cidadanía dispoña de servizos axeitados, e garantir a calidade de vida dos seus habitantes.