Opinión de militantes do PsdG - Psoe de Arzúa

¿A ONDE VAN OS VOTOS?

En primeiro lugar, desexamos, como militantes activos e librepensantes do PSdeG agradecer o voto da veciñanza que nos últimos procesos electorais apoiaron a unhas siglas, que para nós seguén a significar moito, ao PSdeG; Lembramos, os 1.007 votos nas eleccións xerais de abril (29,31% dos votos), os 989 votos nas europeas (30,27% dos votos), e aos 406 votos nas eleccións locais (11,16% dos votos). Nos dous primeiros procesos electorais, o PSdeG foi a segunda forza máis votada, e coa menor diferencia respecto da forza máis votada nos últimos anos; entretanto, no caso das municipais pasamos de ser a terceira forza por votos á quinta e última.

As eleccións municipais remataron cunha victoria clara do Alcalde en funcións, José Luís García, se ben desta volta perdeu a maioría absoluta, e a situación pasa por gobernar sen coalición ou pacto e en minoría, ou ben gobernar con maioría a través dun pacto; para o Alcalde a situación máis cómoda, como xa ten amosado publicamente e en medios de comunicación, pasa por un pacto coa concelleira electa do PSdeG.

Se analizamos, sen moito detalle, como foron os anos de goberno do actual alcalde, vemos que tivo unha primeira lexislatura na que gobernou en minoría e se veu favorecido polo apoio incuestinado por parte de concelleira Dª Begoña Balado Conde, e mesmo na segunda e última lexislatura, onde tivo maioría absoluta, a oposición desta mesma concelleira podemos concluir que non foi moi beneficiosa para o pobo -ou así o demostrou nos resultados-, nin dañina para o goberno, por non dicir que apenas existíu, e todo elo polo afán de control da Agrupación Local do PSdeG e da militancia que levou a cabo nos últimos anos, levando ao anecdótico a participación da militancia

Cando un ve os resultados das eleccións municipais e das europeas, tende a cuestionar que foi o que levou a 582 votantes a elixir a papeleta do PSOE nas eleccións europeas e a non escoller a papeleta do PSdeG nas municipais (celebradas as dúas o mesmo día), ¿que tería acontecido se as municipais fosen antes das xerais e non coincidisen coas europeas? ¿teríamos o mesmo resultado? ¿desapareceríamos da corporación municipal?. Enténdese que o problema radica no liderazgo da candidata, quen lonxe de dimitir vistos os resultados acadados, parece ser que se plantexa un pacto de goberno. Modestamente creemos que o lugar no que debe permanecer a concelleira electa ou mesmo quen a poidese sustituir, no caso de que dimita, é na oposición, para levar a cabo a función que se evitou realizar nos últimos anos, e para a cal amosou carecer de capacidade.

Debemos ser un partido coherente, debemos asumir sen paliativos a derrota nas eleccións municipais e debemos tomar as decisións necesarias para poñernos en unha nova situación de traballo e focalizarnos cara ao pobo, facendo control do goberno electo e sendo propositivos en canto a accións a desenrolar polo goberno e a corporación municipal, e intentar, a través da representación que temos noutras institucións (Deputación, Goberno Estatal, e esperemos que a partires das próximas autonómicas, do Goberno Autonómico) de acadar compromisos inversores para Arzúa, pero non creemos que debamos atarnos de mans e pés para entrar nunha coalición de goberno e seguir co nivel de xestión da representante electa polo PSdeG, nen tampouco ser cómplices directos do alcalde electo.

Non podemos asumir nin colectiva nin individualmente decisións que parecen estar a tomarse por un número reducido de xente coa vista posta nunha cadeira na que poida repousar quen nos levou a este desastre maiúsculo de resultado; por iste motivo facemos un chamamento a que a militancia esixa decidir, e decida participar activamente, desconfiando de calquer tipo de mesías e liderazgos que nos leven a un novo desastre.

Porque creemos nunha Nova Alternativa Socialista, máis focada no pobo e con visión de futuro.

Asdo.:

Romina Pereira

Daniel Pereira

Alfonso Mosteiro

José Manuel Pazo

E pensando en outros que comparte parcial ou integramente o contido no presente escrito