O Pazo de San Marcos énchese de moda lucense no desfile Lugo vístese de primavera

O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, xunto a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana Gónzalez Abelleira, coñeceron as últimas novidades da moda lucense no desfile gratuíto Lugo Vístese de Primavera. No acto que tivo lugar, este sábado, nos corredores da planta baixa do Pazo de San Marcos numerosas comprobaron de primeira man as propostas de 23 comercios da cidade. Esta é a terceira edición deste evento que trata de impulsar o comercio de proximidade e demostrar a súa gran calidade.

 

Nesta cita 20 modelos adultos profesionais e afeccionados e preto de 25 nenos desfilaron coas últimas novidades dos comercios lucenses que deron a coñecer as súas propostas no mundo da moda: téxtil, calzado, xoiería, peletería e complementos. Participaron 18 establecementos dirixidos a adultos e outros 5 de moda infantil. Os comercios participantes son: Veritas Veritatis, Chic fashion & co, Malizia, Lilas, Cepece, Cuplé, El Armario de QK, Miss Mariquita, Violeta y Chloe, Lugodress, Mariña, Peletería Lucus, Carmen moda, Confecciones García, Urban Foot, Mi Luna, Firi, Opticalia, Miky Moda, Amorissimi, Kucadas, La Compagnie des Petits e Moninadas.

 

Ademais, realizáronse obradoiros e talleres dirixidos aos máis pequenos na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos. Ao finalizar, entre os asistentes sorteáronse dous vales de 50 euros e un de 100 euros para gastar nas tendas participantes. Os comercios lucenses teñen a oportunidade de amosar as súas propostas a través desta cita que reflexa innovación e emprendemento cuxos beneficios repercuten en toda a cidade.