Deputación de Lugo colabora nas actividades da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia

O obxectivo do acordo é axudar ó impulso dunhas xornadas para a difusión de aspectos veterinarios de interese vencellados coa saúde pública, a sanidade e a produción animal na provincia de Lugo 

O Presidente da Deputación, José Tomé, mantivo un encontro co presidente da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, Antonio Crespo, no que asinaron o convenio regulador dunha subvención nominativa de 5.000 euros para axudar ó financiamento dunhas xornadas que organiza a entidade. A institución provincial aposta por este tipo de actividades que teñen como obxectivo dar a coñecer aspectos veterinarios de interese relacionados coa saúde pública, a sanidade a produción animal na provincia.