Concello de Melide reparte áreas entre o equipo de goberno

A proposta da Alcaldía de que no goberno local haxa tres dedicacións exclusivas conforme se acordou no pacto de goberno, unha dedicación sería para o primeiro tenente de alcalde José Antonio Prado por un importe de 43.000 euros, e dúas para membros de Adiante Melide que serán unha para Xosé Igrexas cun importe de 34.000 euros, e a outra para María Carmen Liñeira por un importe de 30.000 euros. .

 

José Manuel Pérez, alcalde de Melide asinou os decretos de nomemamento das áreas de goberno, así como a constitución da Xunta de Goberno Local, as propostas de comisións e as datas dos plenos ordinarios así como a creación dun posto de xefe de Gabinete da Alcaldía.

As catro tenencias de Alcaldía serán a primeira para o portavoz do PSOE José Antonio Prado segundo o acordo de goberno asinado entre Adiante Melide e o PSOE, a segunda tenencia de Alcaldía será para Xosé Igrexas de Adiante Melide, a terceira para María Jesus Iglesias do PSOE, e a cuarta para Mayka Basalo Santín de Adiante Melide, estes formarán tamén parte da Xunta de Goberno Local, xunto co alcalde.

Con respecto as áreas do goberno estas divídense en sete:

Área de Presidencia, Persoal, Obras e Servizos que será ocupada polo alcalde José Manuel Pérez.

Primeiro tenente de Alcalde e concelleiro de Urbanismo, Deportes e Comunicación estará ocupado por José Antonio Prado.

Segundo tenente de Alcalde e concelleiro de Promoción Económica, Facenda, Industria, Traballo, Seguridade Cidadá e Medio Rural estará ocupado por Xosé Igrexas.

Terceira Tenencia de Alcaldía e concelleira de Cultura, Normalización Lingüística e

Turismo estará ocupada por Mayka Basalo.

Cuarta Tenencia de Alcaldía e concelleira de Educación estará ocupada por María Jesus Iglesias.

Concellería de Política Social, Mocidade e Saúde estará ocupada por María Carmen Liñeira.

Concelleiría de Participación e Transparencia estará ocupada por José María Santín Amo.