Comeza a segunda fase das obras do Cantón de San Roque

O Concello de Melide reiniciou as obras de rehumanización do Cantón de San Roque, despois do parón dos meses estivais. Basicamente trátase da redefinición da praza en sí, así como da rúa interior que entronca coa rúa Alexandre Bóveda, rúa Rosaleda e AC-840 cruce coa N-547.

Trátase dunha actuación que se iniciou o pasado marzo coa ampliación e o enlousado das beirarrúas da avenida de Lugo no desemboque urbano do Camiño de Santiago. Así as cousas, o vindeiro luns, co reinicio das obras obrigarase a cortar o tráfico rodado na rúa interior que rodea o Cantón de San Roque, o denominado “parque” para proceder a iniciar a segunda fase da obra.

Entre as actuacións que se van a levar a cabo está a modificación da actual vista da praza, así como a reorganizaición e saneamento de especies árboreas previo estudo paisaxístico e biolóxico. Tamén se procederá á ampliación de beirarrúas e a reorganización dos espazos, mantendo o espirito de praza para reunión e actividades que sempre tivo esta zona.

Tal e como e apunta a rexedora melidense Dalia García, “neste momento está executado un terzo da obra, e ata finais de ano a actividade incrementarase nesta zona para finalizar a execución do proxecto de rehumanización do centro urbano de Melide”. García apuntaba que “esta obra contruibuirá a recuperar espazos e a ordenar urbanísticamente o pulmón urbano da vila”.

O orzamento total desta actuación é de 400.000 euros, financiados íntegramente pola Consellería de Medio Ambiente.